QUEREMOS AGRADECERLLE AOS NOSOS AVÓS E AVOAS...

Hoxe, unha das miñas alumnas da clase de 6º do Colexio Luis Vives de Ourense, deixou esta xoia no blog de clase eTICquetados, que me gostaría compartir con todos vós


AS VOSAS ENRUGAS SON O NOSO CAMIÑO

Cando o profe chegou á clase propoñéndonos traballar noutro proxecto, chamado Apreciando Arrugas , teño que confesar que o nome non me chamou nada. Rapidamente imaxinei que tería relación con Coñecemento do Medio ou, aínda moito peor, coas Matemáticas.
Cando nos dixo que sería un proxecto no cal se mesturaría, nunha perfecta disolución, cine e ordenador, o meu xesto cambiou. E co meu o de moitos dos meus compañeiros. A maioría xa estabamos dispostos a dicir que si (que queredes, somos así, botados para diante, como di o "profe"). 
Pero cando nos comentou que sería un proxecto no cal estarían tamén os nosos avós e avoas, entón o SI xa foi absoluto... como non ibamos a estar nun traballo cos nosos avós, cos nosos devanceiros, cos nosos heroes...
Porque para a nosa sociedade, estas persoas son "xente maior", pero para nós, non. Para nós son simplemente avós e avoas, con todo o que iso conleva.
Pois entón... mans a obra.
Pero antes de empezar queriamos, os meus compañeiros e máis eu , dicirlles que sigan a disfrutar da vida, que sigan facéndonos felices, que aínda son moi útiles, que son imprescindibles. Vós sabiades que:
- Tizano pintaba cadros marabillosos aos 80 anos
- Churchill, un dos politicos máis influíntes do século XX, era aos 80 anos o principal lider politico do seu país
- John Glenn, que pilotou a primeira misión espacial américana en 1962, volveu ao espazo novamente aos 77 anos.
- Pablo Casals daba impresionantes concertos de violonchelo aos 88 anos.
- A madre Teresa de Calcuta seguía coa súa labor humanitaria aos 86 anos
Y así máis e máis...
Por todo iso, e por máis, queremos, no seguinte vídeo agradecerlle a tódolos avós e avoas do mundo que estean aí... GRAZAS



Comentarios