miércoles, 21 de noviembre de 2012

ENVELLECER

Ana María Fernández, escritora galega nacida en Palma de Mallorca, ten, no seu libro ""Amar e outros verbos", un dos poemas máis fermosos dedicados a vellez en lingua galega, titúlase Envellecer

Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.

Aseguran que o tempo é o único culpable,
un furtivo que chega cos dentes afiados
a cravárselles no rostro
mentres dormen
mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns
ou xogan coma nenos.

A miúdo falan de vidas que pasaron
e argallan historias,
ao quentaren as mans
sobre a seda dos lumes.

Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos.

1 comentario: